O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Esta pasada fin de semana, a Banda de Música Cultural de Teo participou no Certame Internacional Flicorno d'Oro en Riva del Garda (Italia), onde acadou o terceiro posto na categoría superior.
O Concello quere felicitar aos músicos e ao director, Francisco Fernández Pérez, polo seu traballo, esforzo e dedicación. Un labor que vén de ser recoñecido a nivel internacional, poñendo en valor a música e a cultura galega.
Cómpre sinalar que a XXIV edición deste importante concurso reuniu a sesenta bandas chegadas de diferentes países de Europa, sendo a Banda de Música Cultural de Teo a única procedente de Galicia.
Polo tanto, é un motivo de gran orgullo para Teo poder gabarse deste éxito. Neste senso, por parte do Concello dámoslles os nosos parabéns á Banda de Música Cultural de Teo e agardamos que este sexa o primeiro de moitos éxitos máis. Do mesmo xeito, a alcaldesa agradeceu o apoio institucional por parte da Xunta de Galicia, quen axudou á Banda de Música Cultural de Teo nesta actividade.
Certame internacional
O Flicorno D’Oro é un prestixioso festival de música que se celebra na localidade italiana de Riva del Garda. O festival inclúe diferentes categorías onde se dan citas numerosas bandas de música de todo o mundo, primando o intercambio cultural e a convivencia entre todos os participantes.