O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, mantivo unha xuntanza de traballo co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, onde lle solicitou que se mellore a deficiente seguridade viaria en diversas estradas deste organismo provincial.
Neste senso, a rexedora municipal trasladoulle que as estradas que pasan polo concello de Teo están en moi mal estado, non só polo tráfico e as inclemencias meteorolóxicas, senón tamén pola falta de investimento no seu mantemento. Unha cuestión, matizou Calvo de la Uz, que cómpre remediar polo ben de toda a poboación.
Así, na estrada DP 8205, que vai da Ramallosa a Casalonga, é máis que necesario unha mellora da seguridade viaria e mellora do firme, ademais de sinalización por ser paso de nenos e nenas que van á parada de autobús. Así mesmo, nesa estrada, é urxente acondicionar a ponte do Rego de Sestelo, reforzando a súa estrutura e, polo tanto, a seguridade.
Por último, a DP 8201 -que pasa por Oza- tamén precisa dunha mellora e acondicionamento do seu firme, ao ser unha estrada moi transitada. Do mesmo xeito que as anteriores, cómpre reforzar a sinalización vertical e horizontal.
Mellora da DP 8202
Durante a xuntanza, ambos dirixentes analizaron tamén o proxecto de ampliación e mellora da estrada provincial DP-8202 en Cacheiras, entre os puntos quilométricos 3+500 e 4+240. Co proceso de licitación próximo á súa finalización, está previsto que o contrato coa adxudicataria da execución das obras se poida formalizar o mes que vén.
Así, procederase a construir unha variante entre os puntos quilométricos para evitar o paso da maior parte do tráfico polo núcleo da Igrexa, unha zona onde a vía actual é estreita e perigosa, e precisamente mellorará significativamente a seguridade viaria nunha zona na que era moi necesario. Unha cuestión que precisamente demandaba a rexedora municipal.
A ampliación e mellora da DP-8202 conta cun importe de licitación de 561.215,62 euros e un prazo de execución é de 8 meses. As obras consistirán na creación dunha nova plataforma para a variante, do punto quilométrico 3+50 ao 4+040, e na mellora da actual onde o trazado coincide co actual. Acadarase un ancho de 9 metros, dos que 7 se destinarán á calzada e os outros 2 a beiravías (1 metro a cada lado).
En canto á sinalización, a horizontal está prevista con marcas viarias de pintura branca reflexiva no eixo e nos bordos da calzada. Para a vertical, instalaranse sinais reflexivos. Tamén se contempla a colocación de barreiras de seguridade tipo bionda nos terrapléns de altura superior a 3 metros.