O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O 20 de abril Teo volve a celebrar a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras cun percorrido que lembra os acontecementos históricos da Batalla de Cacheiras, sucedidos o 23 de abril de 1846.
De feito, a carreira absoluta discorrerá polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzaron para enfrontarse ao exercito sublevado liderado polo xeneral Solís.
Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras. Unha ruta linea que comezará ás 17.45 horas ao pé da Reitoral de Bamonde e rematará en Cacheiras.
As probas escolares celebraranse tamén en horario de tarde, dende as 16.00 horas, e serán no aparcadoiro do cemiterio de Cacheiras.
A entrega de trofeos terá lugar ás 19.15 horas da tarde.
Podedes consultar o regulamento da proba e o resto de información de interese premendo aquí.