O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
Inscrición pechada
Con Latexos de Turismo
Sábado, 27 de abril, ás 11.00 h
Refuxio de pesca do Xirimbao
Nesta actividade utilizaremos recursos e materiais que nos axuden a expresar e liberar as nosas emocións a través do xogo... e coa arte, sen verbalizar. O obradoiro será na caseta que foi refuxio de pesca, ao pé das sequoias do Xirimbao. Elas serán as protagonistas dun conto que narraremos para continuar creando de maneira libre con arxila e decorando cos elementos que nos ofrece a nai terra (follas, ramiñas...).
Dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos.
Prazas limitadas a 25 persoas, de balde con inscrición previa.
Inscricións a partir do 19 de abril en https://teo.gal/actividades