O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Recepción no Concello aos subcampións de España de Loita Sambo

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu esta tarde aos dous alumnos do Compostela Judo Club -Nico Rial e Lucas Santamaría- tras conseguir dúas pratas nacionais no Campionato de España de loita Sambo, realizado en Madrid.

Os dous sambokas viaxaron coa selección galega clasificados na categoría escolar e cadete, facendo un torneo impecable e demostrando o alto nivel dos clubs deportivos galegos. 

A rexedora puxo en valor o traballo que realizan desde os clubs deportivos, a disciplina que se imparte e o esforzo diario dos numerosos atletas. “Todo esforzo ten a súa recompensa”, matizou Lucía Calvo de la Uz, en conversas cos dous rapaces. 

O Compostela Judo Club, creado no ano 2002 e con sede nos Tilos, está liderado por Javier Rial e conta entre as súas filas con judokas de entre os 4 e preto de 60 anos. En total, están unidos ao Club máis de 350 deportistas. 

foto