O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Xunta optimiza dende este luns os horarios dos servizos para facilitar os desprazamentos de Santiago de Compostela ata A Agrela, na parroquia teense de Lampai.
Tras analizar a petición do Concello de Teo na que propuña un atraso de 15 minutos no servizo con saída da Ramallosa ás 21,30 horas e destino O Espiño, o Goberno galego decidiu emprender estes cambios co obxectivo de mellorar as condicións de mobilidade das persoas usuarias.
Así, dende este luns 29 de abril, a expedición da liña O Espiño-A Ramallosa, operativa de luns a venres, pasará a saír ás 21,45 horas da Ramallosa, permitindo así ás persoas usuarias do servizo da liña A Estrada E.A. – Montouto – Santiago E.I., con saída ás 21:15 horas de Santiago E.I. e hora de paso pola Ramallosa ás 21,31 horas, contar con maior marxe temporal para poder realizar o transbordo.
Deste xeito, o Goberno galego completa a resposta ao conxunto de peticións trasladadas polo Concello e a veciñanza de Teo, ampliando a cobertura do transporte público a máis localidades e adecuando con maior precisión os horarios dalgúns servizos.
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.