O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu esta mañá á directiva do Centro Cultural “A Ponte Vella”, para coñecer de primeira man o programa do seu festival folclórico, que se celebrará o vindeiro venres, 17 de maio, ás 18.00 horas no Centro Cultural, sito en Reis.
Ese día, que precisamente coincide coa celebración do Día das Letras Galegas, haberá actuación da Escola de Baile, a Escola de Música e a Escola de Pandeireta. Como grupo convidado estará a Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro, de Tui.
A alcaldesa puxo en valor o traballo da directiva e mostrou o seu total apoio e colaboración coa realización deste tipo de actividades, que permiten enxalzar a cultura e o saber popular, dando a coñecer as raíces e o folclore de Teo. Neste senso, gabouse do talento das distintas escolas culturais teenses, que dan mostra da súa calidade polo mundo adiante.
De feito, o Centro Cultural “A Ponte Vella” -que naceu no ano 1986 por iniciativa dun grupo de veciños da parroquia de San Cristovo de Reis- participou ata en tres ocasións no Festival Interceltique de Lorient (Francia), ademais de en numerosos certames nacionais e autonómicos.