O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Concello de Teo presenta o I Certame Escolar de Relato Curto co gaio do Día das Letras Galegas.
A este certame pode presentarse o alumnado dos centros de ensino de Educación Primaria (5º e 6º curso) para a categoría A e de Secundaria (1º e 2º de ESO) da categoría B do Concello de Teo e poderán presentar os seus traballos durante o mes de maio.
Bases do I Certame Escolar de Relato Curto co gaio do Día das Letras Galegas:
Bases
Poderá concorrer a este certame o alumnado dos centros de ensino de Educación Primaria (5º e 6º curso) para a categoría A e de Secundaria (1º e 2º de ESO) da categoría B do Concello de Teo.
Participará con traballos compostos por un texto inédito, integramente en lingua galega e relacionado coa autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Os textos deberán ter unha extensión mínima dunha páxina e máxima de 3, mecanografados a dobre espazo, letra Times New Roman, tamaño 12, redactados integramente en lingua galega.
Os traballos teñen que ser enviados por correo electrónico a certame@teo.gal e deben incluír obrigatoriamente na primeira folla o enderezo, teléfono e correo electrónico da persoa ou persoas autoras, idade, curso, nome do curso e, de ser o caso, o nome do profesorado titor da actividade. Tamén debe achegar os datos dunha persoa maior de idade que exerza como representante legal. O texto redactado para o concurso irá nas follas posteriores.
O xurado estará formado por tres membros do ámbito literario e por unha persoa secretaria, con voz e sen voto, en representación do Concello de Teo. A súa composición publicarase con antelación á primeira reunión deste.
Prazo de presentación : do 1 ata o 31 de maio.
O premio estará dotado con:
Experiencia nunha actividade de ocio en familia (para 4 persoas) para o mellor traballo de cada categoría.
50 euros en material educativo para o segundo clasificado de cada categoría.
A decisión do xurado farase pública nos oito (8) días seguintes á finalización do prazo de entrega.
As obras poderán retirarse dentro do mes posterior á publicación da decisión do xurado. Transcorrido ese prazo os traballos que non obtivesen premio destruiranse. O Concello de Teo non manterá correspondencia coas persoas autoras dos textos presentados nin asume responsabilidade ningunha pola eventual perda dalgún.
A participación nesta convocatoria implica aceptar as normas recollidas nas bases e a inapelable decisión do xurado.