O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, fixo entrega dos diplomas acreditativos da primeira edición do curso para maiores sobre perfeccionamento de Internet e teléfono móbil. Tamén estivo presente a alfabetizadora dixital do Concello, encargada de impartir o curso, Silvia Casas.
Nesta edición participaron veciños e veciñas das parroquias de Reis, Rarís, Cacheiras e Luou, cunha formación de 16 horas. O curso realizouse entre o 11 de marzo ata este luns, 6 de maio.
Falamos da segunda parte dos cursos de iniciación á Internet e ao teléfono móbil, ampliando así coñecementos. Estes cursos son moi demandados pola veciñanza, pensados para as persoas maiores de 60 anos.
Neste senso, cómpre recordar que a inscrición para os cursos de iniciación está aberta de forma permanente, polo que as persoas que se queiran anotar deben pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.