O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Presentación do X Torneo de Canteiras Diego Montes, organizado polo Praíña Sporting Club de Teo

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu esta mañá a parte da directiva do Praíña Sporting Club de Teo para coñecer de primeira man as características do X Torneo de Canteiras Diego Montes, que se celebrará os vindeiros días 1 e 2 de xuño no campo de fútbol Juan Amado.

Neste senso, participarán un total de 32 equipos nas categorías de prebenxamín, benxamín e alevín. En total, serán 18 clubs de 12 concellos galegos os que se xunten esa fin de semana na parroquia de Reis.

A rexedora municipal aproveitou para felicitar aos representantes do club polo seu traballo e esforzo e, sobre todo, polos valores que inculcan no fútbol base. Ademais, salientou que a realización deste tipo de torneos permiten forxar lazos entre os nenos e nenas que participan, conseguindo unir deporte e diversión.

Un emocionante encontro deportivo que, ademais, recorda o falecido xogador e adestrador Diego Montes. 


 

foto