O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo vén de subscribir un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña, co fin de fomentar o intercambio de experiencias e de persoal nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral, dentro da liña de traballo en común referida á participación infantil a nivel municipal.
Deste modo, contribuirase ao reforzo do traballo municipal do Concello de Teo en materia de promoción da participación infantil, ofrecendo acompañamento e formación ás equipas profesionais, persoal político, entidades externas ou outros axentes da comunidade.
Así, cómpre lembrar que o municipio teense desenvolve o programa Cidades Amigas da Infancia, en colaboración coa entidade UNICEF. Pola súa parte, a Universidade a través dos proxectos YOUARECITIZEN e IMCITIZEN, busca acrecentar os coñecementos e a capacidade dos e das profesionais locais (persoal técnico e político, educadores/as, profesorado, nenos e nenas) para así promover e facilitar a inclusión das nenas e nenos nos mecanismos de toma de decisións e participación social no seu municipio.
Neste senso, a alcaldesa salientou que este tipo de colaboracións permiten facilitar o intercambio de profesionais, incluídos profesores e investigadores, mellorando a transparencia na información e promovendo a implicación da corporación local e doutros axentes do territorio na formación e reforzo da participación infantil.