O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo pon en marcha unha nova edición do Concurso de petiscos TapTeo que funcionará entre os días 21 e 30 de setembro. A concelleira de Turismo, Conchi García, amosa a súa satisfacción "pola continuidade deste evento que naceu para promocionar a hostalaría local e impulsar o turismo enogastronómico no Concello". Un total de dezaoito locais de Teo ofertarán unha gran variedade de petiscos a un prezo pechado de dous euros.
O concurso conta con premios para as persoas que se acheguen aos locais a probar as preparacións gastronómicas que terán que ir completando nun pasaporte que se entrega nos establecementos participantes. Tamén haberá recoñecementos para as mellores tapas cun xurado profesional, unha das novidades desta edición.
Os establecementos participantes neste certame e o petisco que ofertan son:
Como en anteriores edicións o concurso contará con animación musical nos locais con sesión vermú ou sesión nocturna, nesta ocasión a cargo da Banda de Música cultural de Teo. Os horario de funcionamento do TapTeo é de 13.00 a 15.30 horas e de 20.00 a 23.00 horas. Tanto a temática da tapa como os ingredientes da mesma son de libre elección por parte do establecemento participante.
Para poder optar a algún dos premios que se entregarán ao finalizar o concurso a clientela debe facerse cun pasaporte en calquera dos locais participantes. Debe estar selado por alomenos seis establecementos para participar nos sorteos de agasallos.
PREMIOS
Segundo establecen as bases do concurso haberá un 1º Premio PARTICIPANTE Tap(T)eo 2018 que consiste nun abono anual de uso das instalacións da Piscina Cuberta da Ramallosa para a persoa gañadora. O 2º Premio PARTICIPANTE Tap(T)eo 2018 será unha cea para dúas persoas nun dos establecementos adheridos a TAP(T)EO2018 (poderás escollelo o/a gañador/a) e unha noite de aloxamento para dous con almorzo nun dos establecementos hostaleiros colaboradores do concello e o 3º Premio PARTICIPANTE Tap(T)eo 2018 consiste nunha cesta de Produtos do Mercado Labrego valorada en 50€. Ademais, en ámbalas tres categorías sumaranse os agasallos ofrecidos polos patrocinadores. Os sorteos realizaranse o 4 de outubro de 2018 na Casa do Con cello de Teo, onde a persoa asistente de menor idade extraerá os pasaportes para cada un dos sorteos. A entrega dos premios farase o 10 de outubro ás 13:00 horas no Concello.
Para os establecementos haberá un recoñecemento ao 1º e 2º mellor petisco ademais dun premio especial do xurado. Nos tres casos recibirán un diploma e cinco botellas do viño da DO Rías Baixas Subzona Ulla, das adegas situadas no concello de Teo.