O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Dezaoito establecementos participan na V edición do TapTeo 2018

| compartir:

O Concello de Teo pon en marcha unha nova edición do Concurso de petiscos TapTeo que funcionará entre os días 21 e 30 de setembro. A concelleira de Turismo, Conchi García, amosa a súa satisfacción "pola continuidade deste evento que naceu para promocionar a hostalaría local e impulsar o turismo enogastronómico no Concello". Un total de dezaoito locais de Teo ofertarán unha gran variedade de petiscos a un prezo pechado de dous euros.

O concurso conta con premios para as persoas que se acheguen aos locais a probar as preparacións gastronómicas que terán que ir completando nun pasaporte que se entrega nos establecementos participantes. Tamén haberá recoñecementos para as mellores tapas cun xurado profesional, unha das novidades desta edición.

Os establecementos participantes neste certame e o petisco que ofertan son:

  • Restaurante Parrillada As Brasas: Bacallau a brasa encebolado
  • Bariloche Café&Restaurante: Solombo á grella aos tres mollos
  • Restaurante Bistro Pazo de Adrán: Ensalada mareira
  • Restaurante Asador O Carmelo: Bao de vaca
  • Café Bar Casa Javier; Tataki ás escumas de Casa javier
  • Restaurante Parada de Francos: Luriña rechea de mariscos
  • Restaurante La Terraza de Neira: Torto asturiano
  • Restaurante Parillada Chaves: Saco de filloa recheo de rabada e langostino
  • Café Bar Cafetería Os Tilos: Tosta Club Os Tilos
  • Café Bar O Rincón de Sara: Mazaroca de chipirón
  • Restaurante Hotel Congreso: Gratem de bacallau
  • Cafetería Maradentro: Lagostinos fiados con pastel de mexillón
  • Café Bar Cervexería Manu: Niño de amoado de chourizo
  • Restaurante Canaletto: Tosta de aguacate con sasami de salmón
  • Restaurante O Son do Miño: Chocolate con churros
  • Café Bar A Raiola: Piruleta crocante en dous mollos
  • Café Bar A Colmena: Ameixas á salsa da Colmena
  • Café Bar Casa Pernas: As boliñas encantadas

Como en anteriores edicións o concurso contará con animación musical nos locais con sesión vermú ou sesión nocturna, nesta ocasión a cargo da Banda de Música cultural de Teo. Os horario de funcionamento do TapTeo é de 13.00 a 15.30 horas e de 20.00 a 23.00 horas. Tanto a temática da tapa como os ingredientes da mesma son de libre elección por parte do establecemento participante.

Para poder optar a algún dos premios que se entregarán ao finalizar o concurso a clientela debe facerse cun pasaporte en calquera dos locais participantes. Debe estar selado por alomenos seis establecementos para participar nos sorteos de agasallos.

PREMIOS

Segundo establecen as bases do concurso haberá un 1º Premio PARTICIPANTE Tap(T)eo 2018 que consiste nun abono anual de uso das instalacións da Piscina Cuberta da Ramallosa para a persoa gañadora. O 2º Premio PARTICIPANTE Tap(T)eo 2018  será unha cea para dúas persoas nun dos establecementos adheridos a TAP(T)EO2018 (poderás escollelo o/a gañador/a) e unha noite de aloxamento para dous con almorzo nun dos establecementos hostaleiros colaboradores do concello e o 3º Premio PARTICIPANTE Tap(T)eo 2018 consiste nunha cesta de Produtos do Mercado Labrego valorada en 50€. Ademais, en ámbalas tres categorías sumaranse os agasallos ofrecidos polos patrocinadores. Os sorteos realizaranse o 4 de outubro de 2018 na Casa do Con cello de Teo, onde a persoa asistente de menor idade extraerá os pasaportes para cada un dos sorteos. A entrega dos premios farase o 10 de outubro ás 13:00 horas no Concello.

Para os establecementos haberá un recoñecemento ao 1º e 2º mellor petisco ademais dun premio especial do xurado. Nos tres casos recibirán un diploma e cinco botellas do viño da DO Rías Baixas Subzona Ulla, das adegas situadas no concello de Teo.

 

cartel Tapteo