O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A alcaldesa reúnese novamente coa empresa UTE Geseco-Cespa para mediar entre as partes afectadas polo actual conflito laboral

| compartir:

A alcaldesa do Concello de Teo, Lucía Calvo de la Uz, reuniuse esta mañá cunha representación da empresa UTE Geseco-Cespa para mediar entre as partes afectadas polo actual conflito laboral nesta empresa de recollida de lixo e limpeza viaria, a cal presta servizo no municipio.

Acompañada polos concelleiros de Medio Ambiente, Rogelio Lema, e o de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, a rexedora municipal manifestou a súa preocupación ante a situación actual, trasladada xa polo propio comité sindical da empresa o pasado 12 de marzo. 

Así, a alcaldesa reiteroulles -ao igual que na anterior xuntanza celebrada o pasado 11 de abril- a súa vontade de tender pontes de entendemento e cooperación entre as partes afectadas, co fin último de chegar a un acordo. Neste senso, salientou a importancia de que ambas partes se reúnan para tratar de achegar posturas. 

Por parte do Concello, lembrou a rexedora, estase traballando no proceso de licitación para corrixir a irregular situación herdada do anterior executivo, xa que o actual contrato de limpeza con esta empresa leva anos en precario. “Entre todos debemos arrimar o ombreiro para acadar unha situación armoniosa, posto que se trata dun servizo esencial para toda a veciñanza de Teo”, remarcou Calvo de la Uz. Ao igual que fixo na xuntanza mantida coa representación sindical da empresa, Lucía Calvo de la Uz apelou á boa vontade entre todas as partes.

foto