O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Rematadas as melloras estruturais nas pistas e piscina dos Tilos

| compartir:

O Concello rematou as obras de mellora nas pistas e na piscina dos Tilos para que poidan desfrutar destas instalacións municipais toda a veciñanza, con todas as garantías e seguridade. 

Así, no tocante ás pistas descubertas, procedeuse a súa limpeza en profundidade, pintado con pintura antideslizante e coloración das liñas das pistas de fútbol e baloncesto para que os usuarios destas infraestruturas poidan xogar en boas condicións. Tamén se arranxaron, no seu día, os canastros e procedeuse a acondicionar as alambradas, así como outros traballos de mantemento precisos. 

No caso da piscina descuberta, ademais da limpeza interior e exterior dos muros, procedeuse á reparación de portas e bancos, co seu correspondente pintado e barnizado. Tamén se repararon as duchas e os gresites que faltaban. Os baños tamén foron arranxados e acondicionados.

Piscina de Luou

No tocante á piscina de Luou, tamén se levaron a cabo traballos de mantemento e acondicionamento das súas infraestruturas. Neste caso, ademais da limpeza en profundidade, cambiáronse as duchas exteriores para mellorar a súa accesibilidade. Do mesmo xeito, mudouse a malla de sombreo.


 

foto