O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Festival Atlántica: "Elas"

Data e hora

Localización
Parque dos Tilos

Unhga selección de contos de autora, tradicionais e de recollida e adaptacións persoais. Un espectáculo de narración oral atravesado por temas como a igualdade, o feminismo, a tradición, a memoria histórica, a resistencia, as alegrías, os afectos e as rebeldías, cuestións todas elas que aparecen consciente e inconscientemente no repertorio de Vero Rilo.

Vero Rilo é narradora oral. Antes era educadora infantil, pero quitouse diso. Dende 2013 leva contando contos, historias de vida, e 
outras lerias para todo tipo de público. A música está moi presente nos seus traballos a dúo aínda que, por máis que o intente, nunca aprenda a cantar nin a tocar a pandeireta. Tamén conta soa, é na variedade que atopa o gusto. 


Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia, alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no 
seu repertorio. Sempre lembra as palabras de Castelao “cada vida é una novela que se perde”. Se cadra é por iso que conta para non perder. E conta o que aprendeu a ser, o que outras foron, o que son. Conta o que a (con)move, di que así a memoria non morre… 
 

Data: Xoves 4 de xullo

Hora: 12:00 

Lugar: Parque dos Tilos

Espectáculo para público infantil  (3-8 anos). 

Acceso libre

 

Listaxe de agarda
vero

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES