O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe as bases da convocatoria de subvencións ás asociacións do ámbito veciñal e de benestar, no seu número 121 do 25 de xuño de 2024.
As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas a actividades organizadas ou promovidas por asociacións veciñais e de benestar durante ano 2024, con cargo á partida 924/480.00 do Orzamento de 2024, por un importe total de 13.250,00 euros.
BENEFICIARIOS/AS
Serán beneficiarias ás asociacións veciñais e de benestar, con ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Teo para o desenvolvemento de actividades e programas de interese xeral.
Terán a consideración de actividades ou programas de interese xeral, para os efectos da presente convocatoria, aqueles que fomenten a participación cidadá como medio de mellora da calidade de vida e das relacións veciñais e que se potencie o desenvolvemento das persoas, das aldeas e das parroquias do Concello de Teo mediante actividades de carácter lúdico, social, cultural ou tempo libre, asi como as actividades que potencien o benestar social dos veciños. So serán subvencionables as recollidas na base terceira, deste documento.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
A solicitude normalizada da convocatoria (Anexo I) xunto coa documentación que se recolle na base anterior deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Teo, que irá acompañada dos documentos adicionais que se recollen nas bases da convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir de mañá, día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Podedes consultar as bases completas da convocatoria premendo aquí.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
BASES BOP AMBITO VECIÑAL E BENESTAR 25-06-2024.pdf | 161.6 KB |