O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello súmase á celebración do Día internacional do Orgullo LGBTI

| compartir:

O Concello súmase á celebracion do Día Internacional do Orgullo LGTBI, que se celebra hoxe, 28 de xuño. Así, o goberno local quere reivindicar a liberdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e a súa identidade de xénero. E, sobre todo, o seu dereito a vivilas en igualdade de trato e sen discriminación.

Neste senso, achegamos os decálogos ilustrados contra a LGBTIfobia dirixidos a promover espazos inclusivos e respetuosos con este colectivo nos eidos da familia, a educación e o deporte.