O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O CIM é un recurso confidencial e gratuíto das entidades locais, desde o cal se articula unha intervención global dirixida ás mulleres e que proporciona, atención psicolóxica, asesoramento xurídico, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.
Os CIM atenden a todas as mulleres que o demanden, así como calquera persoa, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero.
Neste senso, e despois de tanto anos traballando, o Concello lanza unha nova campaña de visibilización do CIM, renovando tamén o seu logo e díptico informativo, co fin de promocionar e dar a coñecer todos os servizos que ofrece este centro á cidadanía.
Así, repartiranse carteis informativos polos locais e casas comúns do Concello, así como por aquelas entidades que o soliciten. Tamén estarán á disposición dos comercios, empresas e hostalaría, a información en formato pegatina e mantelería, que así o desexen.
Cita previa
O CIM de Teo leva en funcionamento desde o ano 2006 e está ubicado no 2º andar do Edificio de Servicios Sociais (Auditorio Constante Liste). O persoal que o atende está formado por dúas profesionais, a directora e asesora psicolóxica -que está de luns a vernes de 8:00 a 15:00- e a asesora xurídica -que está de luns a mércores de 8:00 a 14:00-. As citas son mediante cita previa.
Para cita coa asesora xurídica hai que chamar ao teléfono 981 809 707 e para poñerse en contacto coa directora ou pedir cita psicolóxica, os teléfonos son o 981 938 475 e 604 081 326.