O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O pleno ordinario de outubro tratará varias mocións

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 31 de outubro na sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Na sesión debateranse varias mocións sobre a necesidade de que a Xunta active a concentración parcelaria en Teo, o apoio ás persoas denunciadas por reclamar a devolución do pazo de Meirás ou a defensa da calidade e independencia dos medios públicos.

A orde do día é a seguinte:

  1. Aprobación das actas das sesións do 22.08.18 e do 26.09.18.
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 775/18 á 856/18).
  3. Dar conta do informe de intervención sobre o cumprimento dos prazos de pago, 3º trimestre.
  4. Ratificación do decreto da alcaldía do 31/08/2018 sobre subrogación dunha traballadora do EIM dos Tilos.
  5. Ditame da moción do grupo mixto en apoio ás persoas denunciadas por reclamar a devolución do pazo de Meirás ao pobo galego.
  6. Ditame da moción do grupo municipal Son de Teo-Anova sobre a defensa da calidade e independencia dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia.
  7. Ditame da moción do grupo mixto para solicitar á Xunta a activación da concentración parcelaria no Concello de Teo.
  8. Mocións.
  9. Rogos e preguntas.

 

 

Casa do Concello