O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo mantén aberto ata o 15 de novembro o prazo para solicitar a concesión de hortas urbanas na contorna da urbanización Campos de Mirabel, na parroquia de Calo. Hai doce dispoñibles, que se adxudican por un ano e outro de prórroga.
Con esta iniciativa, calquera persoa que non teña terreos pode dispoñer dunha parcela na que cultivar e obter produtos da horta. Para colectivos sociais como maiores de 65 anos é tamén un xeito de manter a actividade e aproveitar o seu tempo libre.
Quen pode solicitar?
A convocatoria do Concello está aberta a calquera persoa de Teo. Non obstante, resérvanse una parte das parcelas para atender situacións de emerxencia social e para solicitantes maiores de 65 anos de idade. En todos os casos, deberán figurar empadroadas no municipio.
As persoas interesadas en solicitar unha parcela teñen que entregar a solicitude debidamente cuberta no Rexistro Xeral do Concello. A petición debe incluír a instancia, unha fotocopia cotexada do DNI ou outro documento legal que o substitúa, a declaración de estar ao corrente
no cumprimento das obrigas tributarias e coa seguridade social, unha declaración xurada co
compromiso de coidado da horta e outra declaración xurada de que a persoa solicitante e as que integran a unidade familiar que vaian cultivar a horta poden efectuar tarefas agrícolas sen risco para a súa saúde.
Para os casos nos que se solicite algunha das parcelas reservadas para emerxencia social, a solicitude deberá ir acompañada dun informe dos servizos sociais municipais que acredite a situación e xustifique a concesión da horta.
A adxudicación dos terreos, por un ano de duración, decidirase por sorteo público entre todas as solicitudes presentadas que cumpran os requisitos. Do sorteo tamén sairá unha lista de agarda para cubrir posibles Baixas.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
solicitudehortaurbana_camposmirabel2018.pdf | 186.61 KB |