O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello de Teo homenaxea a Ánxel Casal e a todas as vítimas da Guerra Civil Española

| compartir:

O Concello de Teo celebrou hoxe o acto oficial de homenaxe a Ánxel Casal e ao resto de vítimas da Guerra Civil española, cunha sentida ofrenda floral no monólito situado na praza da Estivada da Ribeira, en Cacheiras. O acto coincide co mesmo día en que foi atopado o corpo sen vida de Ánxel Casal, no ano 1936.

No acto participaron diversos concelleiros do Goberno local, así como representantes do resto da Corporación Municipal de Teo. Tamén participaron na ofrenda varios concelleiros do Concello de Santiago de Compostela, ademais de membros da asociación A Oliveira de Teo, dedicada á recuperación da memoria histórica. 

A homenaxe consistiu na representación de varias pezas musicais interpretadas por gaiteiros do concello de Teo, seguida dunha ofrenda floral e o minuto de silencio en respecto a todas as vítimas da Guerra Civil Española. 

foto