O Servizo de Bono Social Eléctrico suspéndese no mes de agosto

Rematada unha segunda edición do curso de perfeccionamento de Internet e teléfono móbil

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Servizos Sociais e Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, fixo entrega esta mañá dos diplomas acreditativos da segunda edición do curso para maiores sobre perfeccionamento de Internet e teléfono móbil. Tamén estivo presente a alfabetizadora dixital do Concello, encargada de impartir o curso, Silvia Casas.

Nesta segunda edición participaron un total de nove persoas, veciñas de Teo, que comezaron o curso o pasado 1 de xullo e rematan hoxe a súa formación de 16 horas. Trátase da segunda parte dos cursos de iniciación á Internet e ao teléfono móbil, que permiten ampliar os coñecementos adquiridos na primeira fase. 

A rexedora felicitou aos participantes pola súa vontade de seguir ampliando coñecementos a través dos cursos municipais, formación moi demandada pola veciñanza ao estar pensada para as persoas maiores de 60 anos. 

Neste senso, cómpre recordar que a inscrición para os cursos de iniciación e perfeccionamento está aberta de forma permanente, polo que as persoas que se queiran anotar deben pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.

foto