O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O 25 N quere involucrar a cidadanía contra a violencia de xénero

| compartir:

Achégase a conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A violencia de xénero é un problema que, lonxe de solucionarse, segue a medrar na sociedade. Teo non é unha illa nesta cuestión e tamén no seu termo municipal existen realidades duras e moitas veces de difícil diagnose.

Por iso, o Concello tratará de implicar a toda a cidadanía contra a violencia de xénero cos actos programados co gallo do 25-N. Servirán para chamar a atención sobre un problema tan grave, lembrar as vítimas e concienciar a todos e todas na necesidade de buscarlle solucións.

Campaña ‘En negro contra a violencia’

O Concello súmase un ano máis á campaña ‘En negro contra a violencia’, do mesmo xeito ca un cento de concellos galegos e tres deputacións. Esta iniciativa procura ser unha campaña de participación, de maneira que calquera persoa, desde as súas posibilidades, poderá utilizar o seu material. Nos primeiros días de novembro o Concello contactará con comercios, bares e outras entidades que en anos anteriores colaboraron nesta campaña, que vivirá as súas xornadas fortes entre o 19 e o propio 25 de novembro. Ademais, quen teña interese en conseguir unha camisola para axudar a visibilizar publicamente o rexeitamento á violencia de xénero pode solicitalo no enderezo electrónico cim@ teo.gal.

Acto institucional

O acto institucional do 25-N terá lugar o 23 de novembro ás 19:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello. Será un acto que represente a todos e todas, fóra de adscricións partidarias, aberto a todas as persoas de Teo que queira dicir non á violencia de xénero de xeito colectivo. Ademais da lectura do manifesto institucional, a actriz Iria Piñeiro lerá diversos textos e teremos a representación teatral de "Escaparate" do grupo Salidas de emergencia. 

contra as violencias