O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

NA PROCURA DOS CRUCEIROS TEENSES

Data e hora

Localización
Punto de encontro: Igrexa de Santa María de Teo, na parroquia de Teo
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
4

Visita guiada polo Colectivo A Rula para dar a coñecer algúns dos cruceiros teenses de maior significación polo seu valor artístico, singularidade ou antigüidade. Un percorrido no que falaremos da orixe, características principais e tipoloxías destes bens culturais considerados como os monumentos relixiosos e etnográficos máis representativos da arte popular en Galiza. 
Visitaremos 7 das 80 cruces e cruceiros espallados polas 13 parroquias de Teo (49 deles catalogados). Pasaremos polas parroquias de Sta María de Teo, Vilariño, Rarís, Luou, Oza, Cacheiras e Calo. Dedicaremos especial atención ó cruceiro de Luou e ó Peto de Ánimas de Cacheiras onde o conservador e restaurador, Xabier Bernández, dará conta dos traballos realizados recentemente de restauración de ambos monumentos.  
O punto de encontro será no adro da Igrexa de Santa María de Teo na parroquia de Teo, e a ruta rematará en Francos, aos pé do cruceiro gótico de Francos, considerado un dos máis antigos de Galicia (s. XIV -.XV) e que foi descrito por Castelao na súa derradeira obra “As cruces de Pedra na Galiza (1950)”

Observacións
- O percorrido farase en caravana nos coches particulares dos participantes.
- Recomendable intentar compartir coches na medida do posible.
- Duración aproximada: 4 horas
- Achégase ligazón dos puntos de interese (cruceiros e peto de ánimas) a visitar: https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1ek3FdrKfdOY00SySq0N_yekoX20PDG0&usp=sharing
Listaxe de agarda
Na procura dos cruceiros teenses

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES