O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, entregou esta mañá os diplomas dunha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil. Tamén estuiveron presentes o concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, e a alfabetizadora dixital do Concello, encargada de impartir o curso, Silvia Casas.
Coa entrega de diplomas, dáse por rematada a dita formación, que desta vez beneficiou a oito persoas empadroadas no municipio. Este tipo de formación é moi demandada pola veciñanza co fin de poder adquirir coñecementos informáticos básicos e así poder manexar o ordenador e o teléfono móbil.
Durante a entrega de diplomas, a alcaldesa agradeceulle aos asistentes a súa participación e animounos a seguir ampliando coñecementos. Neste senso, salientou que xa está en marcha o segundo nivel desta formación, apostando polo perfeccionamento de coñecementos.
A inscrición a este tipo de formación está aberta permanentemente, polo que as persoas que se queiran anotar deben pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.