O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Entrega de diplomas do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, entregou esta mañá os diplomas dunha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil. Tamén estiveron presentes o concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, e a alfabetizadora dixital do Concello, encargada de impartir o curso, Silvia Casas.

Esta formación beneficiou a nove persoas maiores de 60 anos e empadroadas no municipio. Un curso que está sendo moi demandado pola veciñanza e que agora conta cunha segunda edición para reforzar os coñecementos adquiridos neste primeiro curso. 

A inscrición a este tipo de formación está aberta permanentemente, polo que as persoas que se queiran anotar deben pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude. 

foto