O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As obras iniciaranse na rúa Castiñeiro, a cal permanecerá cortada e só se permitirá o paso dos vehículos de residentes para entrar nos garaxes. Polo tanto, dende o luns 16 de setembro e durante a execución das obras, queda prohibido aparcar os turismos nesa vía. O tempo estimado deste corte está nuns 15-20 días, pero todo dependerá do ritmo das obras.
En canto ao paso de autobuses, cómpre sinalar que neses días tamén haberá cambios nas rutas de bus urbano -6 e 12- e nas escolares, que serán comunicados con antelación.
Seguidamente, continuarase co arranxo do viario das rúas Ameneiro e Carballo. Porén, informaremos máis adiante dos cortes programados.
Neste senso, as obras de arranxo e acondicionamento dos viarios, ademais de mellorar os accesos existentes e a sinalización, consistirán fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe das pistas, incluíndo a limpeza de gabias. Así, procederase ao reasfaltado de calzada, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ao 10% da superficie con aglomerado asfáltico.
Actuación necesaria
O actual deterioro das rúas Ameneiro, Castiñeiro e Carballo é consecuencia tanto da antigüidade do último pavimentado como da falta de mantemento. Tamén inflúe o propio desgaste ocasionado polo uso do mesmo, con moito tráfico rodado por estas vías.
Estas actuacións pretenden resolver o deficitario estado de conservación dos pavimentos da calzada, posto que o seu lamentable estado repercute nun grave prexuízo no uso destas infraestruturas polo cidadán.
O tramo que se vai arranxar comprende unha lonxitude total duns 1.500 metros con anchuras variables e cunha superficie total a aglomerar de 12.725 m². Tamén se levará a cabo o recrecido de dezanove tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado e procederase á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordos e colocación de sinais.
O orzamento previsto para toda esta actuación nos Tilos ascende a case 200.000 euros.