O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS NAS ESCOLAS CULTURAIS CURSO 2024-2025 (cotexar co número de rexistro da inscrición).
Se non lembrades o número de rexistro da solicitude ou para calquera outra dúbida poñédevos en contacto co Departamento de Cultura. (Tf. 981 941 063)
Os grupos de GUITARRA están pendentes da proba de nivel que se realizará o primer día ás 17:30 horas.
As actividades comenzarán a partir do día 1 de outubro e finalizarán o 29 de maio de 2025. Durante este tempo seguirase o calendario escolar do curso 2024/2025. Ao longo da primeira semana informarásevos da súa dinámica.
Publicado en teo.gal o 27 de setembro de 2024
PUBLÍCASE O RESULTADO DO SORTEO DAS ACTIVIDADES DE FOTOGRAFÍA, EDICIÓN E RETOQUE - ROBÓTICA E INTELIXENCIA ARTIFICIAL. XOVES DE 17:00 A 18:00 H - e OFIMÁTICA E MECANOGRAFÍA.
Sorteo realizado o 16 de setembro de 2024, ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Teo.
O número máximo de solicitudes admitidas en cada actividade é de 10 persoas.
As solicitudes non seleccionadas quedan en listaxe de agarda segundo a orde de saída no proceso.
Publicado o 17 de setembro de 2024
ESTE LUNS 26 DE AGOSTO ÁBRESE O PRAZO PARA ANOTARSE NAS ESCOLAS CULTURAIS E DEPORTIVAS 2024-25
O Concello publica a oferta de actividades culturais e as actividades deportivas para o curso 2024-25 para facilitar a xestión das persoas e familias á hora de programar o vindeiro curso.
O prazo de inscrición comezará este luns 26 de agosto e estenderase ata o vindeiro 6 de setembro no Rexistro Xeral do Concello ou na sede electrónica en teo.gal. Ao igual que en anos anteriores, terán preferencia as persoas empadroadas no Concello.
Poderanse consultar as listaxes provisionais a partir do 12 de setembro en www.teo.gal ou nos departamentos de Cultura ou Deportes; así como nas redes sociais do Concello e nas de cada departamento. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 12). As listaxes definitivas publicaranse o 27 de setembro.
Pagamento
Cada actividade está programada en tres cursos:
1º curso – de outubro a decembro (20 euros)
2º curso – de xaneiro a marzo (20 euros)
3º curso – de abril a xuño (20 euros)
Porén, para manter a praza todo o curso hai que facer o pagamento completo (60 euros). Se por algún motivo a persoa participante ten que deixar de asistir, poderase solicitar a devolución do segundo e terceiro curso, sempre e cando se faga a solicitude de devolución antes do comezo das clases (segundo curso: 1 de xaneiro, terceiro curso: 1 de abril). En calquera caso, é obrigatorio ter feito o pagamento para poder iniciar o curso.
Senón poderase facer a inscrición (non se garda a praza) e o pagamento de cada curso (20 euros) nas seguintes datas:
1º curso (ou curso completo): do 12 ao 23 de setembro.
2º curso: primeira quincena de decembro.
3º curso: primeira quincena de marzo.
Na ficha de inscrición -que se subirán á web o propio luns 26 de agosto- xa se marca a opción elixida (curso completo ou fraccionado). Para facer o dito pago recibirase por correo electrónico (o que se facilita na propia ficha de inscrición) o documento e as instrucións de pagamento.
PUBLICASE O RESULTADO DO SORTEO DAS ACTIVIDADES DE FOTOGRAFÍA, EDICIÓN E RETOQUE - ROBÓTICA E INTELIXENCIA ARTIFICIAL. XOVES DE 17:00 A 18:00 H - e OFIMÁTICA E MECANOGRAFÍA.
Sorteo realizado o 16 de setembro de 2024, ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Teo.
O número máximo de solicitudes admitidas en cada actividade é de 10 persoas.
As solicitudes non seleccionadas quedan en listaxe de agarda segundo a orde de saída no proceso.
Publicado o 17 de setembro de 2024
Poden consultar as exencións e bonificacións no BOP núm.195 do 13/10/2011 e no BOP núm.12 do 20/01/2020; así como nos departamentos correspondentes. No caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.
Actividades e novidades
Coma todos os anos, haberá actividades para persoas adultas e para a rapazada.
No tocante á oferta de actividades culturais para o vindeiro curso 2024/2025, mantéñense as tradicionais disciplinas de artes plásticas, guitarra, teatro, informática e tecnoloxías dixitais.
Porén, como novidade, ofertaranse dous novos obradoiros -tanto para a mocidade como para adultos- que amplían a oferta cultural. Por un lado, o obradoiro de customización e creación de adornos, prendas e complementos, un obradoiro onde se fusionará a reciclaxe, a estética e se dará renda solta á propia imaxinación dos participantes. Por outra banda, o obradoiro de fotografía, edición e retoque dixital, que ensinará aos participantes a utilizar unha cámara/teléfono móbil e sacarlle o máximo partido.
Aviso de errata
Na actividade deportiva para adultos de Kickboxing, o curso será os martes e venres de 20.00 h a 21.00 h no Pavillón de Calo. Serán dous días de clase á semana. Desculpade o erro.
*As prazas de técnica de Deportes e de Cultura son subvencionadas pola Deputación da Coruña.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Programa Escolas Culturais 24-25.pdf | 1.16 MB |
Folla inscrición CULTURA 2024-25(1).pdf | 247.98 KB |
CULTURA_LISTADO PROVISIONAL ADMITIDAS_ EXCLUÍDAS.pdf | 261.75 KB |
RESULTADO SORTEO CULTURA.pdf | 134.24 KB |
DEPORTES_LISTAXES DE ADMITIDOS ADULTOS.pdf | 192.38 KB |
DEPORTES_LISTAXES DE ADMITIDOS RAPACES.AS_.pdf | 199.87 KB |
CULTURA LISTADO DEFINITIVO ADMITIDOS_ AS ESCOLAS CULTURAIS.pdf | 221.93 KB |