O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A NOSA HISTORIA

Data e hora

Localización
Biblioteca dos Tilos
Como chegar

Prazas dispoñibles
10
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Ao longo das nosas vidas escoitamos e lemos historias sobre a vida de personaxes importantes, de homes que conseguiron grandes logros, incluso cada vez máis mulleres que se convertiron en referentes e gañaron un merecido recoñecemento. Poucas veces oímos, lemos, historias sobre mulleres de a pé, mulleres do cotiá que ao longo da súa vida afrontaron diversas loitas e obtiveron grandes logros e conseguiron proezas que no seu caso, nunca tiveron recoñecemento. 

"A NOSA HISTORIA" é a primeira parte dun proxecto que pretende dar voz e poñer o foco na vida das mulleres teenses. A través dun pequeno encontro, queremos convidar a aquelas mulleres teenses que queiran contarnos historias, anécdotas e experiencias vitais para poder recoller esta información e darlle voz propia. Por iso, o día 26 de setembro realizaremos un obradoiro na biblioteca municipal de Os Tilos, onde se realizará unha recollida de xeito escrito sobre as historias de vida de mulleres do concello de Teo que queiran participar e aportar o seu gao de area a dar voz e visibilidade á importancia da muller en Teo. Entre todas decidiremos como dar forma ao recollido para presentalo posteriormente ante a cidadanía por medio dunha exposición. 

Para obter máis información e/ou inscribirte neste proxecto podes contactar por medio de:

- correo electrónico cim@teo.gal 

teléfono 981 938 475/ 604 08 13 26  

Haberá servizo de canguraxe, solicitao!!!!!

Anímate a darlle voz á túa historia de vida!

Inscribirse
HISTORIAS DA VIDA

Outros eventos por vir