O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A vindeira semana, 30 de setembro, comezarán os traballos de asfaltado nos Tilos. Neste senso, pedimos á veciñanza comprensión e paciencia, xa que toda obra pode ocasionar algunha molestia. Desde o Concello trataremos de facilitar o acceso a vivendas e que sexa o máis levadeiro posible.
Así, o luns e martes procederase a arranxar as rúas Castiñeiro e Ameneiro, mentres que mércores e xoves será a quenda da rúa Carballo.
Durante todos eses días só poderán acceder aos garaxes as persoas residentes, asi como o bus urbano e o escolar, que circularán con normalidade.
Porén, NON se poderá estacionar nas rúas que se arranxarán, avisarase á grúa en caso de que algún vehículo interrompa o correcto desenvolvemento dos traballos.