O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Scape Room: Estrelas

Data e hora

Localización
Centro cultural "A ponte Vella"
Como chegar

Prazas dispoñibles
33
Inscribirse

Prazas por persoa
5

O scape "Estrelas" consiste nunha proba sonora grupal. Cada equipo contará con numeroso material gráfico en forma de debuxos,
imaxes, palabras, números… xunto a eles, unha gravación deseñada para a ocasión estará soando en todo momento, e será a clave para a resolución da proba. A súa vez, os equipos poderán conseguir información de gran axuda para solucionar as diferentes probas
desprazándose pola contorna coa axuda dun mapa. Cada equipo é libre de decidir se vai ou non a polas pistas e en caso afirmativo cando ir por elas. A estratexia e o traballo en equipo é clave para superar a proba con éxito.

O ceo está cheo de estrelas…centos de millóns delas iluminan o firmamento todas as noites… pero, desgraciadamente, algunhas brillan máis que outras. O mesmo acontece na terra, onde hai moita xente que deslumbra polas súas aportacións á humanidade, pero o seu brillo apágase polo feito de ser muller.
A misión que tendrán entre mans non é doada: recuperar o fulgor dalgunhas das estrelas femininas máis importantes da historia…mulleres que, por algún motivo, cambiaron o transcorrer do mundo e que merecen o seu lugar no ceo.
Unha loita contrarreloxo onde os sentidos, a intuición e o traballo en equipo son claves para superar a proba con éxito.

Faremos grupos de 5 personas, podes facer o teu propio grupo ou xuntaremos ata facer os equipos. Estades todas e todos convidadas e convidados a participar, de xeito individual, por parellas, en grupo ou toda a familia.

Anotádevos!!!

Inscribirse
scape romm

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

Get Back