O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Inscrición pechada
A Concellaría de Cultura presenta unha nova edición de Fadatea. Trátase dun programa de animación á lectura e de dinamización dos centros bibliotecarios do Concello de Teo para nenas e nenos de 6 a 10 anos. Elaborado pola empresa Mancuco Animación, consiste na programación de actividades que irán de contacontos ata obradoiros artísiticos, contando sempre con Fadatea e outra serie de personaxes que xiran ao seu redor, sempre moi relacionados con entorno do propio Concello. Ademais, Fadatea e os seus amigos funcionarán tamén como imaxe das bibliotecas municipais.
Día: 19 de outubro
Lugar: Biblioteca do Grilo-Cacheiras
Hora: 11:00 a 13:00
A inscrición é de balde ata esgotar as prazas