O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O DOG publica hoxe o anuncio da aprobación inicial do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións do futuro centro de saúde da Ramallosa

| compartir:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da aprobación inicial do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións do futuro centro de saúda da Ramallosa, no Concello de Teo. 

Desta forma, coa publicación deste anuncio ábrese un prazo de dous meses -contados a partir de mañá- para que se poidan presentar alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública. 

Ademais, a partir de agora tamén se suspenden -por un período de dous anos- o outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do citado plan parcial. Con este Plan preténdese ordenar unha parcela municipal de 10.539 metros cadrados para implementar nela o futuro centro de saúde. 

Unha vez concluída a fase de exposición pública e recibidos os informes sectoriais pertinentes da Administración do Estado e da Administración da Comunidade Autónoma, será necesario valorar as alegacións que puideran presentarse antes de someter o plan ao ditame de aprobación definitiva.

Datos do futuro centro de saúde

O futuro centro de saúde proxectado para a zona da Ramallosa permitirá reforzar os servizos sanitarios no municipio e ata aumentalos, posto que incluirá tamén servizos bucodentais, un espazo para incorporar un odontólogo e un hixienista dental, así como persoal de farmacia ou de enfermaría especialista en pediatría. Este novo centro foi acordado mediante convenio entre o Concello e a Xunta de Galicia en marzo de 2023. 

No convenio, a Administración autonómica asumía o compromiso de contratación do proxecto de obra, mentres que o concello asumía o de realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos que foran necesarios co fin de posibilitar a cesión da parcela, tal e como acontece coa aprobación inicial deste Plan.

foto

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
ANUNCIO DOG - 10.10.2024.pdf 363.79 KB