O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Visita ao IES de Cacheiras para coñecer de primeira man as iniciativas innovadoras deste centro

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañou esta mañá ao conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, na visita que realizou ao Instituto de Educación Secundaria (IES) de Cacheiras, onde anunciou que a Xunta vai reforzar o plantel de profesorado en case 300 centros a través do programa PROA+, a segunda das medidas do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia. Precisamente, un dos centros beneficiarios desta segunda medida do Plan MEGA é o IES de Cacheiras que, ao igual ca o resto dos seleccionados, recibirá o novo profesor nos vindeiros días.

Aproveitando a visita, o conselleiro salientou que hoxe tamén se publica a convocatoria do programa de referentes, que ten como finalidade crear unha rede de centros educativos que destaquen en materia de inclusión e innovación educativa e supoñan un exemplo de boas prácticas para o conxunto da comunidade educativa e, especialmente, para que poidan influír positivamente noutros centros similares.

Os centros que desexen sumarse a este terceiro programa do Plan MEGA poderán solicitalo desde mañá ata o 13 de novembro. Poderán facelo en dúas modalidades diferentes, unha centrada nos proxectos de inclusión educativa e outra nos de innovación.

Iniciativas innovadoras en Teo

Neste senso, o conselleiro e a alcaldesa puideron coñecer de primeira man varias das iniciativas innovadoras desenvolvidas por este centro. Así mesmo, houbo demostracións dos clubs de lectura, de ciencia, de debate e oratoria e de teatro e tamén se presentaron os proxectos de voluntariado, así como as diferentes iniciativas que o centro desenvolve en prol da igualdade e da inclusión educativa, entre outros.


 

foto