O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello saca a licitación o contrato de servizos na nube e servizos de Internet por importe de 56.650 euros

| compartir:

O Concello vén de licitar o contrato de servizos na nube e servizos de Internet por un importe de 56.650 euros para un período de tres anos de duración, prevéndose unha posible prórroga de un ano. Desta forma, o dito servizo dotará ao Concello dos Sistemas e Tecnoloxías da Información que permitan garantir a continuidade e dispoñibilidade dos servizos informáticos indicados. 

Así, o obxecto do presente contrato é garantir os servizos de correos electrónico corporativo, carteira de dominios, aloxamento web e licenzas de Microsoft 365. Inclúese tamén na presente contratación os servizos de migración, instalación e posta en marcha das novas plataformas involucradas.

Toda a información relativa a este procedemento de licitación está na Plataforma de Contratación do Sector Público. Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro 8 de novembro para presentarse as súas ofertas. 

foto