O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Esta tarde celébrase o Pleno Ordinario do mes de outubro

| compartir:

Este mércores, día 30, o Concello de Teo celebra o Pleno Ordinario correspondente ao mes de outubro. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos.

O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Teo (esta é a ligazón directa: preme aquí).

A orde do día é a seguinte:

1.- DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA, DA RES 1180/2024 DO 20/09/2024 Á 1321/2024 DO 24/10/2024.

2.- PROPOSICIÓN DA ALCALDÍA DE MUTACIÓN DEMANIAL SUBXECTIVA CON TRANSMISIÓN DE TITULARIDADE DE BEN INMOBLE AO SERGAS PARA A CONSTRUCCIÓN DUN NOVO CENTRO DE SAÚDE NO CONCELLO DE TEO.

3.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE ACEPTACIÓN DA ENCOMENDA DE XESTIÓN E APROBACIÓN DO CONVENIO DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ. 

4.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE TAXI NO CONCELLO DE TEO.

5.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN INICIAL DE TARIFAS URBANAS DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE TAXI NO CONCELLO DE TEO.

6.- DITAME DA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP CONTRA O DESMANTELAMENTO DA SEGURIDADE PROPORCIONADA POLA GARDA CIVIL, NA PROVINCIA DA CORUÑA.

7.- MOCIÓNS

8.- ROGOS E PREGUNTAS

foto