O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo prepara unha emocionante "Escape Room da Igualdade", que se celebrará o 9 de novembro ás 17:30 horas na Carballeira de Francos. Esta actividade está deseñada para promover a igualdade de xénero dun xeito lúdico e educativo.
As persoas participantes enfrontaranse a retos e enigmas que deberán resolver no menor tempo posible, mentres aprenden sobre o valor da igualdade. Non é necesario ter coñecementos previos, só vontade de participar e pasalo ben. Poderase xogar de maneira individual, en parella ou en grupos de ata seis persoas.
Para participar, é imprescindible levar o móbil ben cargado, calzado cómodo e papel e boli. Ao rematar o xogo, establecerase un ranking cos mellores tempos dos equipos, fomentando un ambiente de xogo amigable e competitivo.
As persoas interesadas en participar nesta actividade poderán inscribirse previamente na axenda do concello, para máis información podedes chamar ao teléfono do CIM 981938475.
Animádevos!!!