O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada da alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, visitou esta mañá as instalacións do punto de atención temperá situado nesta localidade e que dá servizo tamén ao concello de Ames. Estes centros están destinados á nenos e nenas de ata seis anos de idade e que presentan problemas de desenvolvemento.
Na visita, a conselleira lembrou que este mesmo luns publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución dunha nova orde de axudas para a creación de unidades de atención temperá, que estivo dotada con 15,8 millóns de euros e cofinanciada polo programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Con esta achega, a Rede Galega de Atención Temperá ampliarase ata acadar as 51 unidades. No caso concreto da unidade e Teo e Ames, a axuda para o seu mantemento ascende a 440.000 euros ata 2026.