O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Benestar e Igualdade de Teo convoca o programa de conciliación DiverTeo para as vacacións escolares do verán, desde finais de xuño ata principios de setembro.
Está dirixido a escolares dos CEIP e do CRA con entre tres e doce anos de idade. Terán preferencia se figuran no padrón municipal. As actividades desenvólvense nos colexios de Calo, da Ramallosa e dos Tilos, a non ser no mes de agosto, que se concentran na Ramallosa.
Canto custa?
Hai que ter en conta que o programa prevé opcións de servizo completo (de 7:30 a 15:30 horas) e sen xantar (de 7:30 a 14:00 horas). Os prezos están establecidos por días, aínda que hai que pagar cada quenda completa na que se participe. A atención educativa deste servizo custa 5 euros ao día. O almorzo está fixado en 0,50 euros e o xantar en 3,50 euros. O servizo completo custa 9 euros diarios.
Que datas hai que ter en conta?
O DiverTeo de xuño, que se desenvolverá entre os días 24 e 28, abre o prazo de inscricións entre o 6 e o 24 de maio. As listaxes provisionais publícanse o 29 de maio na web teo.gal e no taboleiro da Casa do Concello. O prazo para o pagamento remata o 7 de xuño e o xustificante debe entregarse como moi tarde o 11 de xuño. As listaxes desta quenda serán definitivas
o 13 de xuño.
O DiverTeo de xullo, con quendas do 1 ao 15 e do 16 ao 31, recolle inscricións do 6 de maio ao 4 de xuño e publica a listaxe provisional o 10 de xuño. Debe pagarse ata o 17 de xuño e xustificarse ata o 19. Listaxe definitiva o 21.
Para o DiverTeo de agosto, condicionado a un mínimo de quince participantes e con quendas do 1 ao 14 e do 16 ao 30, a inscrición poderá formalizarse do 6 de maio ao 28 de xuño. A listaxe provisional publícase o 4 de xullo, con
prazo de pagamento ata o 11 de xullo e de xustificación ata o 16 de xullo. A listaxe definitiva sairá o 18 de xullo. O Diverteo de agosto celebraríase só na Ramallosa.
O DiverTeo de setembro, entre o 2 e o 11, recolle inscricións do 6 de maio ao 6 de agosto e publica a listaxe provisional o 8 de agosto. O pagamento hai que realizalo ata o 16 de agosto e o xustificante debe entregarse ata o 19. A listaxe será definitiva o 22 de agosto.
Preme aquí para consultar a convocatoria dos Diverteos do verán.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Autoliquidacion_actividades_educativas_e_de_conciliacion_0.pdf | 36.87 KB |
ficha inscrición 2019.pdf | 147.2 KB |
información xeral.pdf | 71.91 KB |