O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Adxudicada a obra de afirmado e acondicionamento do viario municipal en Chaves por importe duns 54.600 euros

| compartir:

O Concello vén de adxudicar o contrato de obra para o afirmado e acondicionamento do viario municipal en Chaves, por importe total de 54.632,37 euros. O prazo de execución estimado é de dous meses. 

Esta actuación vén dada polo actual deterioro desta vía, consecuencia tanto da antigüidade do último pavimentado como das inclemencias meteorolóxicas propias do paso do tempo e o desgaste ocasionado polo propio uso do mesmo, fai necesario investir no seu acondicionamento co fin de mellorar o tráfico rodado e a seguridade viaria.

Así, o tramo que se arranxará comprende unha lonxitude total duns 800 metros con anchuras variables e cunha superficie total a aglomerar de 4.300 m². Tamén se levará a cabo o recrecido de tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado e procederase á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordos e colocación de sinais. 

Neste senso, as obras consistirán fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe das pistas, incluíndo a limpeza de gabias. Procederase ao reasfaltado de calzada, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ao 10% da superficie con aglomerado asfáltico.

foto