O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Esta tarde celébrase o Pleno Ordinario do mes de novembro

| compartir:

Este mércores, día 27, o Concello de Teo celebra o Pleno Ordinario correspondente ao mes de novembro. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos.

O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Teo (esta é a ligazón directa: preme aquí).

A orde do día é a seguinte:

1. DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (DA RES 1322/2024 DO 25/10/2024 Á RES 1497/2024 DO 21/11/2024).

2. DACIÓN DE CONTA DO INFORME DE MOROSIDADE E PMP - 3º TRIMESTRE 2024. 

3. DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE ORZAMENTOS 2025.

4. PROPOSICIÓN DA ALCALDÍA DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS (ICIO).

5. DITAME DA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG “RELATIVA Á SITUACIÓN DO IDIOMA PROPIO DA GALIZA E Á ADOPCIÓN DE MEDIDAS PARA A SÚA NORMALIZACIÓN”.

6. DITAME DA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP “PARA SOLICITAR A MELLORA DO SERVIZO DE CORREOS NO CONCELLO DE TEO”.

7. MOCIÓNS.

8. ROGOS E PREGUNTAS.

foto