O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Iniciadas as obras de mellora do viario municipal en A Grela, cuxo importe supera os 48.000 euros

| compartir:

O Concello adxudicou o contrato de obra para o acondicionamento do viario municipal en A Grela, por importe total de 48.132,31 euros. O prazo de execución estimado é de dous meses e as obras xa comezaron esta mesma semana.

O tramo que se arranxará comprende unha lonxitude total duns 950 metros con anchuras variables e cunha superficie total a aglomerar de 4.380 m². Tamén se levará a cabo o recrecido de dezanove tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado. Por último, tamén se procederá á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordos e colocación de sinais. 

Así, as obras consistirán na mellora da capa de rodaxe das pistas, incluíndo a limpeza de gabias. Procederase ao reasfaltado de calzada, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ao 10% da superficie con aglomerado asfáltico. Desta forma mellorarase a seguridade viaria e o tráfico rodado. 

Esta actuación vén dada polo actual deterioro desta vía, consecuencia tanto da antigüidade do último pavimentado como das inclemencias meteorolóxicas propias do paso do tempo e o desgaste ocasionado polo propio uso do mesmo, fai necesario investir no seu acondicionamento co fin de mellorar o tráfico rodado e a seguridade viaria.


 

foto