O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello pecha a convocatoria pública para a concesión dos espazos de traballo do Espazo de Traballo Colaborativo (en diante ETC) de Solláns o 22 de agosto. O espazo reformado polo Concello cunha subvención que tivo financiamento da Unión Europea conta con 20 espazos e o prazo para pedilos remata este 22 de agosto.
Consulta aquí a convocatoria completa na que podes atopar os pregos completos ademais dos impresos de solicitude.
Este espazo de traballo colaborativo está dirixido a traballadores/as autónomos/as ou persoas emprendedoras e poden solicitar o uso do local por prazos de seis meses as autónomas e 3, 6, 9 ou 12 as emprendedoras.
As solicitudes para ser adxudicatario/a dun destes espazos debe presentarse no Rexistro Xeral do Concello, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da LPACAP, ata o 22 de agosto. O anuncio deste proceso de concesión publicouse no BOP número 128 do 9 de xullo de 2019.
A ETC de Solláns conta con vinte espazos de traballo ademais dunha pequena sala de reunións e un espazo específico para gravación de son. O prego de concesión establece que o espazo de traballo é o conxunto da cadeira, caixoneira e mesa de traballo destinada ao uso dunha soa persoa. Para pedir a ETC a persoa solicitante debe levar empadroada en Teo alomentos seis meses. En caso de non estalo poderá ser adxudicataria dun espazo se xustifica que parte da súa actividade se realiza no Concello e quedarán vacantes logo da adxudicación ás persoas empadroadas.
As persoas traballadoras autónomas poden solicitar o uso do espazo 3, 6, 9 ou 12 meses en xornada estendida (12 horas/día) ou parcial (6 horas/día). As persoas emprendedoras poden solicitar 6 meses en xornada estendida (12 horas/día) ou parcial (6 horas/día).
A documentación da solicitude debe entregarse en dous sobres pechados, asinados pola persoa interesada. O Sobre A conterá a documentación administrativa: Solicitude para participar no procedemento de adxudicación (anexo I do prego); fotocopia compulsada do DNI ou pasaporte; certificado de estar ao corrente das obrigas tributarias (co Estado e a CCAA) e da Seguridade Social; poder notarial se actúa en representación doutra persoa e descrición detallada do proxecto empresarial. O proxecto deberá ter unha extensión máxima de 10 folios, a unha soa carilla, en arial 12. O incumprimento destas limitacións dará lugar á exclusión do proceso de adxudicación.
O Sobre B conterá a documentación técnica. Se hai máis solicitudes ca espazos está prevista unha baremación das solicitudes segundo os criterios establecidos nas cláusula 7.2 do prego de condicións. A documentación técnica é a que xustifica os criterios para a baremación da persoa solicitante. A baremación contempla criterios coma a idade do solicitante; o tempo de empadronamento, a utilización da lingua galega, as cargas familiares, o xénero, o grao de discapacidade, o grao de innovación do proxecto empresarial, a relación do mesmo con sectores emerxentes ou a previsión de creación de emprego.
Se non hai que baremar os espazos outorgaranse por orde de entrada no Rexistro.
As tarifas polo uso da ETC de Solláns establécense na ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización dos espazos de traballo colaborativo de Solláns (BOP nº 228, de 29/11/2018 e BOP nº 82, de 02/05/19)
A cota do espazo será unha taxa mensual de 30 euros por seis horas ao día e de 60 euros por 12 horas diarias. Na ordenanza fiscal hai previstas exencións que no caso dos emprendedores poden chegar ao 100%.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
PREGO CONDICIÓNS ETC SOLLÁNS.pdf | 1.53 MB |
ETC. ANEXO I MOD. SOLICITUDE.pdf | 77.51 KB |
ETC. ANEXO II. MOD. PROPOSICION.pdf | 35.82 KB |
ETC. Anexo III DECLARC. XURADA CL. 72C).pdf | 28.07 KB |