O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Publicación da aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras

No BOP número 237 do 10 de decembro, publícase o anuncio de aprobación inicial de modificación da Ordenanza fiscal ICIO.

Téndose aprobado provisionalmente polo Pleno da Corporación, en sesión de data 27/11/2024, a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre construcións, instalacións e obras, e dando cumprimento ó disposto no artigo 17.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais, procédese a súa exposición pública para que durante o prazo de trinta días, a contar dende a publicación de este edicto no Boletín oficial da Provincia, os interesados poidan examinar o expediente e formular as reclamación que estimen oportunas.