O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Os Jalochos (dúo formado polos ribeiráns Suso Bello e Sabela Olivares) estarán este venres 20 de decembro en Teo, para representar o espectáculo infantil e musical A Landra Viaxeira e o Amigo Lambón (Unha viaxe musical pola natureza de Galicia na procura da festa).
A función cóntanos a historia de Landra e Lambón, dúas criaturas que son un conto de fadas e que relatan unha fabulosa historia chea de música, cor, aventuras, novas amizades e singulares expresións que pola costa galega adoitan falar.
Para levar a cabo o espectáculo Sabela e Suso desenvolven un concerto participativo mediante xogos baseados en conceptos musicais (tempo, ritmo, dinámica), así como a percusión corporal, o baile e a lingua de signos.
A Compañía
Os Jalochos son Sabela e Suso. No ano 2021 fundan a compañía, coa que xiran co espectáculo infantil Ritmando e actualmente co espectáculo A Landra viaxeira e o amigo Lambón.
Sabela Olivares é unha artista musical de Ribeira cunha ampla traxectoria e formación. Posúe o Grao de Educación Primaria, o Mestrado de Profesorado, o Título Superior de Música na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular, o Título Profesional de Música na especialidade de Gaita e o Título de Profesora na especialidade de Piano. Na actualidade, exerce como docente de educación musical na Universidade de La Rioja (UNIR).
Suso Bello, tamén de Ribeira, é músico, produtor musical e compositor. Cunha longa traxectoria no mundo da música participou en diferentes proxectos musicais e de televisión, sendo a súa faceta máis coñecida polo público a de músico integrante de A Companhia do Ruído.
Día : venres 20 de decembro
Lugar: Auditorio Constante Liste
Hora: 18:30
Para asistir é necesario reservar praza que podes facer neste mesmo espazo.