O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Abre o prazo para anotarse nas actividades do ActivaTeo 2025

| compartir:

Hoxe abre o prazo para anotarse no programa ActivaTeo, do Departamento de Benestar Social do Concello, para o curso 2025. Están pensadas para que as persoas maiores ou con discapacidade poidan realizar exercicio físico moderado, efectúen tarefas de estimulación cognitiva e, de paso, teñan espazos de relación. O obxectivo principal é que estas persoas poidan reforzar a súa capacidade física e mental para poder manter unha vida indepentente, evitando na medida do posible que o paso dos anos non signifique un empeoramento da súa calidade de vida.

O prazo para anotarse ábrese o hoxe, 18 de decembro, e poderán facelo de forma telefónica chamando ao 981 809 707 ou ben presencial achegándose ao departamento de Servizos Sociais, situado no edificio do auditorio municipal. No caso dos cursos de Internet e teléfono móbil deberán pasar polo departamento de Administración Electrónica e Apoio Dixital. 

Estes cursos de envellecemento activo ofrecen de balde ximnasia terapéutica e de memoria,  así como clases de exercicio para persoas con enfermidades crónicas. Seguirase cos cursos de iniciación á Internet e ao teléfono móbil, ademais dos cursos de piscina na Ramalllosa, que custan seis euros cada mes. 

Horarios

LUGARLOCALDÍAHORAACTIVIDADE
RAMALLOSAAUDITORIO – AULA INFORMÁTICAVENRES17:00-18:30ENCAIXE DE PALILLOS
CACHEIRASCASA COMÚNLUNS17:00-18:30ESTIMULACIÓN COGNITIVA E MEMORIA
CALOASOCIACIÓN AGRICULTORES E GANDEIROSLUNS10:00-11:30ESTIMULACIÓN COGNITIVA E MEMORIA
VILARIÑOCASA COMÚNLUNS19:00-20:30ESTIMULACIÓN COGNITIVA E MEMORIA
LUOULOCAL DA MÁMOAMÉRCORES12:00-13:30ESTIMULACIÓN COGNITIVA E MEMORIA
SOLLÁNSCASA COMÚNMÉRCORES10:00-11:30ESTIMULACIÓN COGNITIVA E MEMORIA
VILAR DE CALOLOCAL DO CACHÓNMÉRCORES18:00-19:30ESTIMULACIÓN COGNITIVA E MEMORIA
RECESENDELOCAL VECIÑALXOVES19:00-20:30ESTIMULACIÓN COGNITIVA E MEMORIA
TILOSESPAZO DA BIBLIOTECA DOS TILOSXOVES17:00-18:30ESTIMULACIÓN COGNITIVA E MEMORIA
RAMALLOSAPISCINA MUNICIPALMARTES12:00-12:45NATACIÓN
RAMALLOSAPISCINA MUNICIPALMÉRCORES10:30-11:15NATACIÓN
RAMALLOSAPISCINA MUNICIPALXOVES11:15-12:00NATACIÓN
LUCÍESCOLA DE LUCÍMARTES17:00-18:30PINTURA
CACHEIRASCASA COMÚNVENRES17:30-19:00XIMNASIA PERSOAS CON ENFERMIDADES CRÓNICAS
CACHEIRASCASA COMÚNVENRES19:00-20:30XIMNASIA PERSOAS CON ENFERMIDADES CRÓNICAS
A TORRECASA COMÚNLUNS17:00-18:00XIMNASIA TERAPÉUTICA
CACHEIRASCASA COMÚNLUNS18:30-19:30XIMNASIA TERAPÉUTICA
CALOPAVILLÓNLUNS9:00-10:00XIMNASIA TERAPÉUTICA
CALOPAVILLÓNLUNS10:00-11:00XIMNASIA TERAPÉUTICA
CACHEIRASCASA COMÚNMARTES10:30-11:30XIMNASIA TERAPÉUTICA
LUOULOCAL DA MÁMOAMARTES18:30-19:30XIMNASIA TERAPÉUTICA
TILOSPAVILLÓNMARTES9:00-10:00XIMNASIA TERAPÉUTICA
VILAR DE CALOLOCAL DO CACHÓNMARTES17:00-18:00XIMNASIA TERAPÉUTICA
CALOPAVILLÓNMÉRCORES17:00-18:00XIMNASIA TERAPÉUTICA
FRANCOSCASA COMÚNMÉRCORES10:30-11:30XIMNASIA TERAPÉUTICA
RARÍSCASA COMÚNMÉRCORES18:30-19:30XIMNASIA TERAPÉUTICA
SOLLÁNSCASA COMÚNMÉRCORES9:00-10:00XIMNASIA TERAPÉUTICA
LAMPAICASA COMÚNXOVES17:00-18:00XIMNASIA TERAPÉUTICA
OZACASA COMÚNXOVES10:30-11:30XIMNASIA TERAPÉUTICA
RAMALLOSAAUDITORIOXOVES9:00-10:00XIMNASIA TERAPÉUTICA

 

 

cartel