O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

CONCURSO DE CURTAS XUVENIL. ANO 2024.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

O Concello de Teo convoca o Concurso de curtas xuvenil 2024 baixo o título “Historias que nos moven”. Este certame pretende promover a cultura creativa e a participación social entre a súa mocidade, fomentando a expresión artística e o desenvolvemento das habilidades audiovisuais. 

Desta forma, o Goberno local quere coñecer de primeira man e dun xeito orixinal e inédito as inquedanzas da súa xuventude, fomentar a empatía entre eles e os comportamentos positivos cara as temáticas obxecto do certame. Ademais, só poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 18 anos, ambos incluídos, que estean empadroados no Concello de Teo.