O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo convoca o Concurso de curtas xuvenil 2024 baixo o título “Historias que nos moven”. Este certame pretende promover a cultura creativa e a participación social entre a súa mocidade, fomentando a expresión artística e o desenvolvemento das habilidades audiovisuais.
Desta forma, o Goberno local quere coñecer de primeira man e dun xeito orixinal e inédito as inquedanzas da súa xuventude, fomentar a empatía entre eles e os comportamentos positivos cara as temáticas obxecto do certame. Ademais, só poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 18 anos, ambos incluídos, que estean empadroados no Concello de Teo.
Para presentarvos tedes que entregar o voso traballo ao enderezo electrónico: mocidade@teo.gal.
Neste correo tedes que presentarvos e nesa presentación poñedes o enlace da ligazón do voso traballo. Así mesmo tedes que incluír a seguinte documentación que atoparedes aquí na web:
- Ficha de inscrición que inclúe autorizacións e declaración xurada da orixinalidade dos traballos e aceptación das bases do
concurso..
- Fotocopia do DNI dos/as participante/s.
- Os/as participantes menores deberán incluír unha autorización de participación
asinada polo pai/nai ou titor/a legal.
A solicitude de participación no concurso implica o coñecemento e aceptación íntegra das bases que regulan esta convocatoria, o cumprimento dos requisitos de participación esixidos, a aceptación do fallo do xurado e, no seu caso, a interpretación destas bases.
Attachment | Size |
---|---|
2024_G003_001770_RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Bases Curtas.pdf_177764.pdf | 287.74 KB |
Bases concurso curtas_final_0.pdf | 111.76 KB |
Cartel Curtas.pdf | 91.33 KB |
Ficha inscrición.pdf | 193.62 KB |
Autorización paterna.pdf | 187.76 KB |