O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, recibiu ao subcampión galego de Automobilismo Karting 2024, Martín Coria Carbajosa, no Concello. Acompañado polos seus pais, a rexedora felicitou ao xove piloto dos Tilos e interesouse pola súa traxectoria, máis que destacada por este merecedor triunfo.
Así mesmo, salientou que o deporte teense está colleitando numersosos éxitos e puxo en valor a gran variedade de disciplinas que se practican. De feito, lembrou que en Teo son 19 os clubs federados con máis de 2.000 deportistas. Unhas cifras, destacou, que dan mostra da importancia do deporte na vida dos teenses.
Tamén estiveron presentes na recepción o concelleiro de Deportes e Xuventude, Gelucho Gómez, e o de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro.